Ao meu amigo Paco
creador da web Amigosdaveiga
polo amor que ten á súa terra o seu pobo A Veiga dás Meas e as súas xentes
  
A primeira vez que escoitei iso de “Cultura é todo aquilo que queda cando todo se esquece”,
escoiteillo a el. Logo escoiteino noutros foros, polo que é posible que o adaxio xa andara denantes noutros beizos.
Pero nos del -unha mañá de estío ás portas da parroquial de Trasalba- colleron un significado especial e, sexa de quen sexa o alumeado
pensamento, para min sempre será da súa autoría porque define moi ben a súa propia perspectiva.

Lembreime disto e doutras moitas conversas con el o pasado sábado pola mañá cando lin que
o Concello de Xunqueira de Ambía acaba de nomealo fillo predilecto.

Lembreime disto e dunha promesa pública que tamén comprometera o pasado sábado no senso de reflexionar sobre o foro
“o galego en positivo” que nos ten proposto Marcos Valcárcel, e coa que non cumprín porque as liñas viraron cara unha anécdota persoal
 que no fondo tampouco ten máis trascendecia cá da mera anécdota.

Retomo, logo, agora a débeda adquirida de reflexionar sobre cómo, ó meu sentir, debemos enfocar o noso compromiso -
máis ca co idioma- co noso propio xeito de ser e de exercer de galegos, lingua incluída.E fágoo aproveitando a leda conxuntura que me brinda
o Concello de Xunqueira de Ambía ó recoñecer publicamente a Bieito Ledo, porque se tivera que trasladar ó mundo dos feitos, as palabras coas que
me gustaría explicar cómo creo eu que se debe traballar en positivo a prol do galego, eses feitos, resumidos, terían moito que ver -mellor dito,
terían todo a ver- coa longa biografía profesional, social, intelectual e en resumo vital que dende a súa aldeíña natal ata o seu Vigo
adoptivo ten escrito cada día dos seus días, Bieito Ledo.

Outra vez díxome que a miúdo os que andamos polas vereas deste mundo chamado pretenciosamente cultural somos demasiado endogámicos,
autoconvencéndonos a nós mesmos de cousas das que xa estamos convencidos e sen decatármonos de que á nosa beira -en paralelo- camiña unha sociedade á que,
máis que convencer, temos que gañala para un proxecto de país, pero de forma intelixente.

Abondosas son as mostras e inxentes os compromisos propios que el ten asumido para exercer esa docencia de país.
E para elo non hai máis que botar man dun tomo calquera da Enciclopedia Galega Universal, porque só un home que cree firmemente
-e en positivo- en Galicia e no seu futuro é quen de hipotecar a súa vida en tan exemplar empresa.
 
                                    
 
Gracias, Bieito por la dedicatoria de " Aconteceres"
 
 


 

Dicionario en Internet
De:Bieito Ledo Cabido
 
Para: Paco "Amigosdaveiga" 
Estimado Paco: Dentro de poucos días teremos colgada na rede a 
Enciclopedia Galega Universal.De momento podes consultar o noso 
Dicionario entrando por: www.digalego.com

E podes consultando entrando con palabras en castelán, portugués
ou inglés.Por exemplo se pos "rodilla" e picas en "Cast" levarate a 
"xeonllo" que é como se di en galego. 

Agradézoche que o divulgues o máis posible.
Para os que estades 
na diáspora pode servos unha ferramente
para que non perdades de todo
as raices. 
Apertas   Bieito Ledo